lunes, 7 de febrero de 2011

Confirmada a actuación da TUNA RASTAFARI no Festival "Vai Chorar a Cangas"

Grupo formado no Morrazo por compoñentes de diversas bandas locais que encontraron nesta formación un vínculo e un estilo que os une para gozar da música. Empezaron como grupo no ano 2005 con cinco compoñentes, que a partir deste momento aumentaron coa incorporación de novos instrumentos, como é o caso da sección de metais, conformando o equipo actual de nove compoñentes.

A Tuna Rastafari é un dos grupos revelación do ano 2009 en Galicia tras tocar en numerosos festivais como a Festa dá Prehistoria, Cultura Quente, FestiXeve, Festa do Muíño ou Reperkusión, no que tiveron ocasión de compartir cartel coa Fanfare Ciocarlia. Foron seleccionados para participar na Rede Galega de Música ao Vivo, e no circuíto de Grupos en Ruta a través da cal ofreceron numerosos concertos en Galicia, Cataluña, Sevilla, Portugal, Palencia, La Rioja...
Tras un longo ano compaxinando o traballo de estudo con máis de cincuenta concertos por toda a península, por fin ve a luz o seu primeiro traballo discográfico: Carne de Pachanga,  (2009 Zouma Records) que foi presentado en exclusiva en decembro do 2009 no Festival Furtivo que se celebra no Morrazo, no que se inclúe un variado repertorio, tocando estilos como o reaggae, o corrido mexicano, o tango, a rumba, o country e mesmo unha versión rock dun tema tradicional galego. Un traballo divertido e directo que non deixará indiferentes os amantes dá a festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario