lunes, 7 de febrero de 2011

Confirmada a actuación da KOGITO no Festival "Vai Chorar a Cangas"

Penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar...  Esa é a  sua  proposta. Un consolidado grupo de once compoñentes que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos teus pés. ¿Serás capaz de manterte completamente inmóbil?.... Despois duns cantos anos dunha intermitente traxectoria a banda logrou facer un directo no que se misturan a madurez dos temas cunhas tremendas gañas de festa e de verbena que queren compartir con todos vós.....
 A sua nova etapa comeza no ano 2005 coa gravación do noso primeiro traballo composto por 5 temas. No ano 2006 fan a presentación do mesmo facendo un percorrido polas distintas salas e festivais da Galiza. A finais do mesmo ano voltan ao estudo para gravar outro traballo composto por catro temas, coa idea de melloralo e amplialo. Esa mellora chega entre finais do 2008 e comezos do 2009 coa gravación dun disco de trece temas chamado “AUTÓMATAS”, gravado e masterizado nos Estudos Areamaster de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario