miércoles, 29 de febrero de 2012

LOS ZIPILOTES TXIRRIADOS ¡¡¡Confirmados!!!


Señoras e Señores, Mozas e Mozos temos o gran pracer de confirmar para o II-Festival a Chorar a Cangas e por primeira vez na Galiza a actuacion dos novos reis do Napar Mex "OS ZIPILOTES TXIRRIAOS" grupo formado por ex compoñentes de Impecalbles ou Kojon Prieto e os Huajolotes entre outros...


Os Zopilotes Txirriaos xorden como continuación da banda de Napar-Mex Impekables. A historia comeza coa saída amigable a finais de 2009 de dous membros de ImpekablesAspurtzeko e Luis.Aspurtzeko, ademais de levar o peso melódico do grupo co seu acordeón, era o principal compositor musical e adaptador da banda ademais de escribir algunhas das letras. O grande oco que deixan tras a súa marcha deixa claro que de agora en diante non vai ser a mesma banda e os membros restantes deciden cambiar de nome en sinal de respecto cara aos membros saíntes. Tras probar varios acordeonistas locais, finalmente é elixido para o posto o trikitilariguipuscoano Eneko Dorronsoro, tamén coñecido como "Tximista" ou "o Raio de Ataun", como lle din no seu pobo.
Paralelamente, a sección de vento integrada en solitario por Iñaki "O Boliviano" refórzase coa chegada de dous novos trompetistas, Julene Ión, Palleiros e Expexo, o seu nome artístico. Tras a saída do guitarrista LuisMontxo Etxebarria, tamén coñecido como "O Emperador Iturbide", guitarrista de Tijuana in Blue e de Kojón Prietoe os Huajolotes e irmán de Javier Etxeberría de Vendetta, segundo cantante na época Impekablesdesemplova o seu telecaster para completar as guitarras. Sumados ao resto dos membros deImpekables, o cantante e showman Konejo "FenizioEseberri, o baixista "O Longo", a batería Javier "Tulipán" Andel e o guitarristaBaltxo Caballero completan a formación da banda. Ante o pouco tempo do que dispoñen antes do verán para dar forma ás cancións e gravar un disco, a banda decide gravar unha maketa EP chamada "Napar-Mex", ao igual que as gravacións de Impekables, a banda publica a maketa para descarga gratuíta en Internet. Tamén se poñen á venda copias en CD para os interesados. A apenas catro meses do lanzamento supera as 5.000 descargas dende a Pintxe Web de los Zopilotes Txirriaos.
Os Zopilotes Txirriaos embárcanse na xira Zopilotour 2010 por diversas localidades de Navarra e País Vasco durante a primavera, verán e outono de 2010. É durante esta xira cando se asentan os cambios habidos na formación e se remata de callar o son da banda. Ao finalizar a xira Julen "Palleiros" abandona o proxecto por problemas de compatibilidade cos seus estudos. A banda deixa temporalmente de xirar para dedicarse por completo para a gravación do primeiro disco de Los Zopilotes Txirriaos que se espera que vexa a luz para o verán de 2011. O disco recollerá as cancións da maketa e novas composicións da banda.

Membros:
Konejo "O Fenizio": Voces, txurrutas e txisguetes.
"O Longo": Baixo e bailables de ocasión.
Kristobal "Baltxo": Guitarra e coros.
Montxo "O Emperados Iturbide": Guitarra, coros e desordes.
Eneko "O Raio": Trikitixa.
Andel "O Tulipán": Batería e txistes duros.
Iñaki "O Boliviano": Buxainas e trompetas.
Ión "Expexo": Trompetas, coros e manuelas.

Web Oficial: www.zopilotes-txirriaos.com



miércoles, 1 de febrero de 2012

FALPERRYS

                    Primer grupo confirmado para o II-Festival  "A CHORAR A CANGAS 2012"
                            FALPERRYS
               Música Taberneira para Almas Perdidas

 Nesa data na que saen os brotes da terra, no que o tempo càlido e invita a contar historias e porlle mùsica, saltar arredor das fogueiras e beber ate caer de cù, nesa data de equinoccio toma forma Falperrys.
Arrinca sen rumbo a idea de pasalo ben e pronto a idea de pasalo mellor leva a esta variopinta banda a tocar por distintos festivais da Galiza.
É mùsica divertida, doada de bailar e de escoitar, son ritmos ebrios e agradecidos, polo menos para os seis tripulantes deste barco taberna das almas perdidas.