lunes, 7 de febrero de 2011

Confirmada a actuación da KOGITO no Festival "Vai Chorar a Cangas"

Penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar...  Esa é a  sua  proposta. Un consolidado grupo de once compoñentes que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos teus pés. ¿Serás capaz de manterte completamente inmóbil?.... Despois duns cantos anos dunha intermitente traxectoria a banda logrou facer un directo no que se misturan a madurez dos temas cunhas tremendas gañas de festa e de verbena que queren compartir con todos vós.....
 A sua nova etapa comeza no ano 2005 coa gravación do noso primeiro traballo composto por 5 temas. No ano 2006 fan a presentación do mesmo facendo un percorrido polas distintas salas e festivais da Galiza. A finais do mesmo ano voltan ao estudo para gravar outro traballo composto por catro temas, coa idea de melloralo e amplialo. Esa mellora chega entre finais do 2008 e comezos do 2009 coa gravación dun disco de trece temas chamado “AUTÓMATAS”, gravado e masterizado nos Estudos Areamaster de Vigo.

Confirmada a actuación de SKAKEO no Festival "Vai Chorar a Cangas"

Grupo Ska-Rock-Folk. Que comeza as súas andainas en verán do 2008. Todo comezou como un proxecto co fin de recuperar vellas cancións de grandes cantautores e poetas e transmitilas ás novas xeracións de forma máis bailable e adaptadas a novos ritmos. Pero pouco a pouco foron xurdindo novas letras, e con elas novas cancións propias. E mesturando infinidade de ritmos.

Nestes momentos Skakeo coa axuda da Asociación Musical Deskarga Furtiva editaron o seu primeiro EP que contén cinco cancións EP que nestes momentos se encontran presentando por toda Galicia e que será o adianto do seu próximo CD.

Confirmada a actuación da TUNA RASTAFARI no Festival "Vai Chorar a Cangas"

Grupo formado no Morrazo por compoñentes de diversas bandas locais que encontraron nesta formación un vínculo e un estilo que os une para gozar da música. Empezaron como grupo no ano 2005 con cinco compoñentes, que a partir deste momento aumentaron coa incorporación de novos instrumentos, como é o caso da sección de metais, conformando o equipo actual de nove compoñentes.

A Tuna Rastafari é un dos grupos revelación do ano 2009 en Galicia tras tocar en numerosos festivais como a Festa dá Prehistoria, Cultura Quente, FestiXeve, Festa do Muíño ou Reperkusión, no que tiveron ocasión de compartir cartel coa Fanfare Ciocarlia. Foron seleccionados para participar na Rede Galega de Música ao Vivo, e no circuíto de Grupos en Ruta a través da cal ofreceron numerosos concertos en Galicia, Cataluña, Sevilla, Portugal, Palencia, La Rioja...
Tras un longo ano compaxinando o traballo de estudo con máis de cincuenta concertos por toda a península, por fin ve a luz o seu primeiro traballo discográfico: Carne de Pachanga,  (2009 Zouma Records) que foi presentado en exclusiva en decembro do 2009 no Festival Furtivo que se celebra no Morrazo, no que se inclúe un variado repertorio, tocando estilos como o reaggae, o corrido mexicano, o tango, a rumba, o country e mesmo unha versión rock dun tema tradicional galego. Un traballo divertido e directo que non deixará indiferentes os amantes dá a festa.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Confirmada a actuación dos BASTARDS ON PARADE no Festival "Vai Chorar a Cangas"

Xa temos a primeira confirmación, Bastards On Parede presentaran o seu novo CD no Festival Vai Chorar a Cangas.
revolucionarón a escena folk galega cos seus ritmos celtas acelerados e baterías contundentes, afastándose da etiqueta folk acuñada por outras bandas de Galicia. Bastards on Parade soa a verde, a mar, a cancións de piratas e a whisky   
BASTARDS ON PARADE – Coruña. Formase a finais de 2007 con base na Coruña (Galicia) combinando Punk- Rock coas súas raíces celtas. A principios de 2008 lanzan o seu primeiro EP "Pipes & Drunx " e gravan unha canción para o tributo de bandas galegas a Cock Sparrer. A finais dese mesmo ano publican "Whiskey in my Heart" EP o cal recibe boas criticas e realizan unhas cantas saídas polo estado a presentar o traballo. A final de 2009 publican "Death Shore Pirates EP" un traballo de 4 cancións novas, sendo un adianto do que será o disco, recibe criticas moi boas e así en Febreiro de 2010 fan o "Death Shore Pirates Eurotour" o cal lles leva a tocar durante varias semanas en países como Francia, Alemania, Holanda.. Tras o eurotour gravan unha canción para o tributo "20 anos The Mahones".  Hoxe en día falar de Bastards on Parade é falar da mellor banda de Punk-rock-Folk de Galicia e unha das máis destacadas do panorama musical estatal.     
           Recoñecemento para os Bastards on Parade na beira oeste do Atlántico                                                                               A banda galega Bastards on Parade, rematou o 2010 situando o seu cuarto EP "Death Shore Pirates" entre os vinte mellores discos do ano para a web de punk rock folk de Chicago PaddyRock, e recibindo unha das seis mencións especiais xunto os dez mellores traballos do pasados doce meses do blogue de Boston Shite'n'onions.  http://www.paddyrock.com/home/?p=585  Nestes intres os Bastards on Parade atòpanse presentado o seu novo Disco “Tales Fron The Death Shore” o cal xa presentaron este ano  por toda Europa nunha xira con un mes de duración  entre abril e maio, con mais de 20 concertos celebrados, Alemania, Inglaterra, Francia, Holanda etc